Entrevista Vanesa Parada: “O Club Anca mostra a súa paixón pola patinaxe”

SarriaXa
Entrevista a Vanessa Parada López presidenta y entrenadora del Club de Patinaje Anca de Sarria que cuenta con más de 70 deportistas.
club anca patinaxe (10)
club anca patinaxe (10)
21 may 2022

O Club Patinaxe Anca de Sarria naceu pola paixon da súa presidenta e adestradora por este deporte, Vanesa Parada.

Un longo e duro percorrido

¿Como naceu o club?

Eu veraneei toda a miña vida en Vigo. Con 8 anos empecei a ter contacto con patinadores, naquel momento, en Vigo, moitisimos nenos e nenas patinaban) . Estiven pedindo dous meses uns patíns. Non teño case recordos sen patíns. Toda a miña nenez paseina patinando polas rúas do meu pobo e en verán en Vigo onde aprendía moita técnica cos rapaces que compartiamos o gusto pola patinaxe artística.

Coñecín a xente da miña idade que mais tarde chegaron a ser grandes campións. Eu como vivía en Lugo e non existía nin tan sequera a patinaxe non puiden optar a nada. Daquelas aínda non existían aquí as actividades extraescolares reguladas (eu non recordo que tan sequera houbera actividades, todos xogabamos na rúa), viaxar para patinar era imposible e improbable. Moito do que empecei a facer de artístico foi autodidacta, entre o que me ensinaban en Vigo e o que aprendía vendo a patinaxe de xeo na tele. Durmía cos patíns debaixo da cama. Recordo os meus primeiros patíns azuis e rosas sen bota e de ferro, mais tarde regalaríanme uns de bota que os compraron en Madrid ,aquel foi un dos mellores días da miña vida. De tanto desgaste e saltos incluso partín uns de alumino que moi amablemente un amigo do meu pai soldou. De todo isto, prometinme a min mesma, que cando ‘fose maior’ crearía un club de patinaxe para aprender a patinar e especializaríame en artístico para que ningunha nena/o que quixera tivera a oportunidade que eu non tiven. Despois de estar en varios colexios ,con 5 ou 7 nenos decidín poñer en marcha o meu soño/ proxecto. Cheguei a Federación e recordo que o secretario, máis tarde moi amigo meu , díxome que non funcionaría ,que era imposible porque en Lugo non había tradición, ninguén facía patinaxe artística incluso regaloume un libro de técnica que ao final descubrín que foi dos mellores escritos de técnica de patinaxe artística de tódolos tempo. A día de hoxe teño como un tesouro. Prepareime facendo cursos que me axudaron moito na miña aprendizaxe. En febreiro de 2003 fundouse o club. A partir de aí tocou ensinar e mostrar a patinaxe cos 5 neniños /as que tiña.

Recorremos colexios, festas populares, festas de fin de curso, patinabamos na rúa...todo par dar a coñecer que se querías podías aprender a patinar e para que coñeceran a patinaxe artística. Esas nenas (hoxe en día adultos amigos, que traen os seus fillos/as a patinar) que empezaron comigo crendo no meu proxecto deron paso a que moitos nenos e nenas chegaran ata o que temos hoxe en día.

Como sobrevive un club destas características?

O principio empezas participando no Programa da Xunta de Galicia ’Xogade’ onde case todo é gratuíto, licenzas, seguros, desprazamentos, organización de campionatos.. que creo que é un dos mellores programas de España para fomentar o deporte base. Despois demos o salto á competición federada oficial , e aí comezan os problemas económicos, xa que pasamos de ter case todo gratuíto a ter que pagar por todo: licenzas, seguros, desprazamentos. Aquí sen a colaboración dos pais/nais sería inviable.

Chegamos con moito esforzo, moita calculadora para chegar a todos os campionatos, escolas, cursos técnicos,... As cotas dos socios axudan ao mantemento do club pero ás veces non chegaban e entón tivemos que botar man de recursos propios.

Agora estamos contentos porque a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia axúdannos cunhas pequenas axudas e así pouco a pouco saen os números.

Algúns concellos colaboran cedendo pistas, o cal agradecemos moito. Noutros casos debemos pagar pista o cal supón un esforzo moi grande para nós.

Que deportes ofrece?

O primeiro son as escolas de patinaxe onde os nenos e nenas aprenden a patinar. A partir de aí,puidemos especializarnos en patinaxe artística .
Das modalidades de patinaxe , tivemos hockey en patíns ,Grupos show, e individual . Nesta última modalidade e na que actualmente estamos especializados e traballando.

Para que idades son as actividades?

Desde o comezo do club empezamos a ensinar a tódalas idades. Desde os 3 anos ata adultos.

Durante moitos anos ensinamos a patinar a adultos ,desfrutamos moito. Incluso a pais e nais que viñan cos seus fillos. Desde que estamos a nivel autonómico deixamos un pouco de lado a patinaxe en adultos, e este ano houbo moitas demandas. É unha sinatura pendente que esperamos poder resolver a vindeira tempada. O que nos gustaría a próxima tempada é sacar o proxecto ‘Patinaxe en familia’.

Como se presenta esta tempada?

Esta tempada despois do sucedido e xa recuperados os adestramentoa estamos co calendario moi axustado, posto que tódalas competicións, trofeos...concéntranse a partir deste mes, ata xullo e despois en setembro xa temos competicións provinciais (antes as competicións despois do verán non empezaban ata finais de outubro).

O calendario depende do marcado polo World skate e a Federación Española de patinaxe e por último da Federación Galega de patinaxe.

Acabamos de aterrar da tecnificación co afamado club Alexmar en Santander ,onde participaron patinadoras de alevín a senior.

A nivel competicións xa tivemos o acceso a categoría Nacional con dúas patinadoras Lucía Rodríguez e Antía Corral na categoría cadete a sénior. Estivemos moi cerca pero esta vez non puido ser, seguiremos traballando ata conseguilo. Estivemos presentes tamén coa nosa Benxamín do club Carlota Pérez na categoría Nacional. Participaremos no Campionato Galego de niveis. Temos pechados dous trofeos no mes de maio e en xuño iremos coas patinadoras provinciais.

A partir de aí vendo os resultados, comezamos a seguinte parte da tempada en setembro.

Estamos moi orgullosos do conseguido ata agora, empezando da nada ata chegar onde estamos. Este ano o número de patinadores en competición que temos é un auténtico soño feito realidade. Polo que o que veña recibirémolo encantados, seguimos traballando con gran ilusión e desfrutando dos nosos patinadores/as tanto da escola como de competición. A paixón por este deporte fai que todos os días nos sintamos afortunados tanto de ensinar a patinar a un neno/a como de subirnos a un podium.

Cales son os obxectivos a conseguir este ano, valores do club?

O noso principal obxectivo é conseguir que os patinadores desfruten da patinaxe ,tanto en escola como en competición. Sempre pensamos e fomentamos que desde o desfrute podes sacar o mellor de cada patinador. Xogar é fundamental.

Os nosos principios son: primeiro a persoa (ter en conta cada neno individualmente), despois a educación no deporte en xeral (fomentar os valores do deporte), logo a patinaxe global (fomentar a ilusión por patinar) e despois a competición (motivar e ensinar o positivo da competición). Se non temos estes valores non seriamos nós. Para nós o primeiro e o desfrute dos nosos patinadores.

A nivel obxectivos a realidade é que nas escolas aprendan a patinar e pasalo moi moi ben.

A nivel competición non nos gusta poñernos obxectivos ,vamos traballando e vendo como vamos. A partir de aí, saímos ás competicións. É algo que nos funciona moi ben. Sempre consensuamos coas patinadoras e entre todos decidimos. Elas son as que se poñen os seus obxectivos e metas. Nós ,o club, somos facilitadores para chegar a esas metas.

Que principios move os deportistas?

Nas escolas gústalles moito patinar e, se ademais, xogamos en patíns o desfrute é máximo.

Na competición, as patinadoras séntense moi motivadas pola técnica que é moi ampla con exercicios moi diferentes e superar cada nivel de exercicio motiva moito. Ademais, todo o que conleva: técnica, coreografía, baile, físico, maquillaxe , vestiario, música, superación, afrontación, recoñecemento, triunfo, esforzo...todo xunto é motivación e, o mais importante, paixón polos patíns e pola patinaxe artística. Iso é o que move as nosas patinadoras.

Cal é maior logro do club?

Houbo dous momentos:

O primeiro na primeira competición de individual libre ,que tivo lugar en Arteixo e fixemos un 1 º posto e un triplete noutra categoría. Foi incrible, a xente da grada non podía crer que fósemos de Lugo, xa que non coñecían a existencia dun club de patinaxe na provincia.

O segundo foi o ano pasado cando acudimos á preselección nacional e puxemos o nome de Lugo a nivel federado. Oír ‘representante da Provincia de Lugo nunha categoría preselección Nacional foi o mais grande’ recordamos nese momento os noso inicios e o pensamento foi "conseguímolo".

Cal foi o maior desafío ao que se enfrontou o club?

A covid, posto que tiñamos a opción deportiva por primeira vez de presentarnos as probas de selección nacional e non se puido adestrar polas restricións, foi moi complicado. Foi un momento moi malo, parados bastante tempo...conseguimos poñernos a punto con moito esforzo.

O virus chegou nun momento no que estabamos a adestrar co calendario cheo de competicións e as nenas despegando nas mesmas. De repente tivemos que parar todo e non sabiamos como íamos a saír a nivel físico e técnico, posto que as expectativas eran bastantes complexas tanto para adrestrar como para volver a competir.

Nós, vista a situación complicada e para protexer a tódolos estamentos patinadores ,familias, directiva e equipo técnico decidimos parar as escolas ata que mellorara a situación e cando nos permitiron adestrar unicamente empezamos cas patinadoras de competición.

Situamos a sede dos adestramentos en Sarria, onde o pavillón estaba pouco transitado e seguimos o protocolo da federación da Xunta e un propio bastante estricto, así conseguimos ir abrindo pouco a pouco as escolas.

O importante era, é e será protexernos todos e seguir os protocolos.

Cantos deportivas ten na actualidade?

Temos 70 rapaces e rapazas de escola e 31 en competición. Todos están federados.

Que actividades realizades a maiores?

Somos un club moi participativo en todo o que podemos. Vamos alá onde nos chaman. Isto é bo para todos. Cursos de patinaxe, tecnificacións, exhibicións (destacando a que máis nos emocionou a Gala de enfermidades raras ( Fegerec) no palacio de Riazor en Coruña no ano 2014 ante 5000 persoas e autoridades), festas de fin de curso, celebracións (dia de la muller, contra a violencia de xénero...) , este ano participamos na Gala de nadal de Sarria (con patíns ), etc.

É o único club da provincia?

Non, hoxe en día patinaxe hai en moitos concellos, diferentes modalidades, Liña ,Hockey, artística.

Na provincia cónstanos que hai mais clubs de patinaxe artística.

Os nosos patinadores/as veñen de todo Lugo centro e sur de Lugo.

O noso club está á disposicións de calquera que queira vir a patinar. Actualmente o 40% da plantilla de competición é de fora de Sarria.

O club tamén se desprazada a distintos concellos para realizar a actividade de patinaxe.

Como chegou a presidir o club?

Ao ser un club pequeno, unha iniciativa propia e un deporte minoritario, toca ser presidenta, adestradora, coreógrafa... Levo na directiva desde que se fundou porque tiña claro o que quería facer.