Esta fin de semana celébrase o Campionato de Tute San Cristovo de Lóuzara, en Samos

SarriaXa
Estes vindeiros 12 e 13 de abril celebrarase o Campionato de Tute San Cristovo de Lóuzara, en Samos.
9 abr 2024

Estes vindeiros 12 e 13 de abril celebrarase o Campionato de Tute San Cristovo de Lóuzara, en Samos.

As persoas interesadas poderán apuntarse pagando unha cota de 20 euros por parella que se presente ao campionato chamando a J. Luis no número 629 076 670, ou a Javier no número 620 519 530.

Con respecto aos premios, este serán un cabrito e un trofeo para a primeira parella, un cordeiro e un trofeo para a segunda, dúas botellas de whiskey e un trofeo para a terceira e dúas botellas de champagne e un trofeo para a cuarta.

Ademais do campionato, haberá servizo de pulpería a partir das 21.30 horas da man da Pulpería María Luís e porá a música Capón Espectáculos.