Este martes Triacastela acollerá de novo o servizo da Furgoteca

SarriaXa
O servizo da Furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Triacastela este 28 de novembro para ofrecer libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas.
Furgoteca Triacastela
Furgoteca Triacastela
27 nov 2023

O servizo da Furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Triacastela este 28 de novembro para ofrecer libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas.

Os nenos e nenas poderán achegarse a Triacastela onde o servizo estará en funcionamento de 13.30 a 15.00 horas. Ademais deste Concello, dentro da provincia de Lugo o servizo está en funcionamento en Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Samos e acumula xa máis de 4.500 visitas e preto de 4.500 préstamos de exemplares.

O servizo, que continuará ata final de ano percorrendo o rural das provincias de Lugo e Ourense, tamén serviu para tramitar 1.200 altas no carné e ofrecer aos usuarios conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresoras.