Este sábado celebrarase o DIRT Vila de Sarria, un certame de 'dirt jumping'

SarriaXa
Este evento terá lugar no marco do DHU Vila de Sarria organizado polo Dhgteam
DIRT-Vila-de-Sarria
DIRT-Vila-de-Sarria
10 Xul 2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co club ciclista DHG de na organización do DIRT Vila de Sarria, que se celebrará o 13 de xullo no marco do Descenso Urbano.

Trátase dun certame de dirt jumping, unha modalidade caracterizada pola espectacularidade dos saltos e das acrobacias dos participantes sobre os distintos elementos dun circuíto, entre eles, un inchable que se instalará na saída - rúa Marqués de Ugena - adquirido recentemente polo club sarriao coa colaboración da área de Deportes.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, achegouse ao campo da feira de Sarria, onde os integrantes do club despregaron e probaron este inchable, de máis de catro metros de altura, no que se exhibirán algúns dos mellores especialistas nesta modalidade como Ferre, Cristhian Cardona, Carolo, Héctor Guerra ou Diego Solans.

Efrén Castro valorou “o traballo do DHG que converteu Sarria nun referente estatal co descenso urbano e que segue sumando iniciativas ao calendario de eventos ciclistas de Sarria, como esta exhibición de salto que reforzo o atractivo das probas desta fin de semana” e destacou “o potencial destes eventos para traer xente á vila durante os dias en que se celebran e para proxectar a imaxe de Sarria”.

Con este investimento en material, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforza a colaboración que mantén co club sarriao e co Concello de Sarria na organización de probas ciclistas.

0.15704107284546