Este xoves terá lugar a presentación da candidatura do PSOE de Sarria

SarriaXa
Este xoves terá lugar a presentación da candidatura do PSOE de Sarria nun acto público no que participará José Tomé
benjamin escontrela candidato psoe sarria
benjamin escontrela candidato psoe sarria
3 Maio 2023

O PSOE de Sarria presentará a súa candidatura nun acto público este xoves, 4 de maio, no Hotel Alfonso IX, onde o alcaldable Benjamín Escontrela e o seu equipo presentarán as súas propostas.

Baixo o lema de 'O mellor para Sarria', acollerán a todas as persoas interesadas en coñecer as propostas dos socialistas sarriaos a partir das 21.00 horas.

O secretario xeral do PSdG-PSOE Provincial de Lugo, presidente da Deputación e alcalde de Monforte acompañará a Benjamín Escontrela e todo o equipo do PSdG-PSOE de Sarria na presentación da súa candidatura.

0.18130612373352