Estraxiz celebra as súas grandes festas con motivo do Día de Galicia
SarriaXa
A parroquia de Samos conmemora o Día da Patria cunha festa que durará o 24 e 25 de xullo
20 Jul 2024
Os vindeiros 24 e 25 de xullo celébranse as grandes festas no lugar de Sivil, en Estraxiz, parroquias de Samos que conmemoran o Día de Galicia da maneira máis festiva posible.
Desta maneira, o día 24 haberá churrascada, pancetada e queimada a partir das 21.00 horas coa música tradicional cos Trastiños do Castelo e logo a verbena co Dúo Tropical e o Dúo Son de Festa.
Pola súa parte, o día 25 haberá misa solemne ás 13.30 horas seguida de procesión e sesión vermú coa Orquestra Pontevedra e pola tarde tamén haberá festa a partir das 19.00 horas de novo coa Orquestra Pontevedra.