Estraxiz e Sivil de Samos celebran as súas festas os vindeiros 24 e 25 de xullo

SarriaXa
Estraxiz e Sivil de Samos celebran as súas festas os vindeiros 24 e 25 de xullo con varias actividades para veciños
concerto musica actuacion festa1
20 Xul 2023

Os vindeiros 24 e 25 de xullo celébranse as grandes festas da parroquia de Estraxiz e Sivil de Samos na honra ao Apóstol Santiago.

Así, o luns, 24 de xullo, terá lugar unha churrascada, unha touciñada e unha queimada popular amenizadas todas elas co Dúo Tropical e o Trío Rubí.

Xa o 25, Día de Galicia, a xornada comezará coa misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú, da man do grupo Superstar. Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas, haberá festa e verbena co Grupo Superstar.

0.080949068069458