'¡Eu merco en sarria, e ti?!', a nova campaña de promoción do comercio local da ACES

SarriaXa
A nova campaña para incentivar o comercio local e premiar a fidelidade dos clientes sarriaos
eu-merco-en-Sarria-ACES
25 sep 2024

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)-CCU, en colaboración coa Xunta de Galicia, desenvolve dende este xoves, día 25 de setembro, e ata o día 15 de outubro unha nova campaña para incentivar o comercio local e premiar a fidelidade dos clientes.

'¡Eu merco en sarria, e ti?!' é o nome da campaña e con ela pretenden que todos aqueles que realicen compras por importe igual ou superior a 25 euros nos establecementos asociados consigan un regalo promocional, un landyard serigrafiado e exclusivo da campaña.

Os establecementos participantes son Ábaco Sarria, Atmosfera Sport, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Carpe Diem, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Euronics, Joyería Díaz, Juguetería 1,2,3 Escondite Inglés, Lar de Menchu, Los Sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport, Moncho Moda, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas Store, Ultreia, Veiga Calzados, Vilamey Complementos e Zaida.

Entregaránse unhas 1.400 landyard e ata agotar as existencias.

 

0.16573905944824