Formada a xestora do PP de Sarria cun total de 15 integrantes

SarriaXa
Formada la gestora del PP de Sarria con 15 integrantes, 9 mujeres y 6 hombres que tienen como objetivo consolidar el partido.
6 Mar 2022

Trala dimisión de Jose Antonio García como presidente do partido en Sarria, Luís Pardo acolleu a dirección da xestora onde se marcou un tempo límite dun mes para a súa formación. Este mes de marzo, o partido conta nove mulleres e seis homes que teñen como obxectivo construír e consolidar o partido para chegar fortes as municipais do vindeiro ano.

O presidente da xestora buscaba crear un grupo con experiencia política e novas personalidades co que chegar a tódolos ámbitos e a todas as visións. Desta forma, o grupo está formado por José Manuel Bello, Diana García, Esperanza López, Mirela Ferizovic e Jesús Rodríguez, que integran a agrupación como membros natos dada a súa condición de ediles electos. Pasa o mesmo con Fernando Carlos Rodríguez. A estas personalidades únense Victoria Eugenia López que foi deputada e concelleira, Manuel Valiña que leva consigo 30 anos de traxectoria política así como Maroiana Fernández que foi concelleira durante dous mandatos.

Entre as caras novas do grupo atópanse Vanesa López Darriba e Alba López Mourín, ademais de Vanesa Pontón Rodríguez e Itziar López Flores.

O obxectivo desta agrupación é coñecer as necesidades dos veciños e, por iso, están a organizar diferentes encontros cos que coñecer as demandas dos sarriaos.

A xestora atopa como unha gran necesidade da vila a creación dun chan industrial que axude a crear emprego, mellorar as infraestruturas e a creación de novos proxectos deportivos e culturais.

0.17338705062866