Formigueiros celebrará este 25 de xullo a festa na honra de Santiago Apóstolo

SarriaXa
A parroquia de Samos acollerá unha xornada con misa solemne, procesión, sesión vermú, xogos populares, pasarrúas e verbena co Trío Vaivén
Fogos artificiais
21 Jul 2026

A parroquia de Formigueiros, no concello de Samos, celebrará este sábado 25 de xullo a súa tradicional festa na honra de Santiago Apóstolo cun programa que combinará os actos relixiosos coa música e as actividades populares.

A xornada comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne cantada polo coro Sarricanta, seguida da procesión na honra do patrón. A continuación celebrarase a sesión vermú, que estará amenizada polo Trío Vaivén.

Xa pola tarde, ás 18.30 horas, haberá xogos populares e un pasarrúas a cargo de Brais, pensado para animar a celebración entre veciñanza e visitantes.

A partir das 23.30 horas dará comezo a verbena, que volverá estar protagonizada polo Trío Vaivén dentro da súa xira de 2026. Ademais, a organización anuncia unha sorpresa como peche da festa.

0.11543488502502