Friolfe celebra as súas grandes festas na Montaña para toda a veciñanza do Páramo

SarriaXa
Terán lugar os vindeiros 9 e 10 de agosto na honra a San Lourenzo
fogos-de-artificio
30 Xul 2024

A parroquia de Friolfe, no Páramo, celebra as grandes festas na Montaña na honra a San Lorenzo os vindeiros días 9 e 10 de agosto.

Desta maneira, o día 9 comezará todo cunha misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo do grupo Punto Clave e tamén haberá verbena e festa amenizada polo mesmo grupo.

Pola súa parte, o día 10 haberá misa solemne ás 13.30 horas e procesión, seguidas de sesión vermú a cargo do Grupo Rubí de Pontevedra, que tamén estará na festa e verbena da tarde coa que rematarán as festas para toda a veciñanza do Páramo.

0.15946698188782