Galicia Sempre pide no pleno a posta en marcha dun plan de mantemento de estradas no Páramo

SarriaXa
O grupo municipal Galicia Sempre do Páramo presentou unha moción para demandar a posta en marcha dun plan de mantemento de estradas, instando a que o Goberno local actúe sobre as vías en mal estado de forma urxente.
2 Maio 2024

Para poder reparar as pistas, Gumersindo Rodríguez, portavoz do partido político, anima ao Goberno local a pedir axudas doutras administracións e tamén cre necesario crear unha comisión de seguimento do plan no que poidan colaborar.

Ademais, tamén pediron no pleno que se dea unha solución aos problemas para o paso de camións na ponte de Ribas de Miño, que se ensanche un camiño desta parroquia e pavimentar unha pista en Guisande.

Tamén pediron neste pleno un plan especial para dotar o municipio dunha zona urbanizable industrial, seguir coas obras de saneamento en Friolfe e máis melloras nas vías, así como criticaron que aínda non se entregara a Casa Amelia a ningunha empresa para poder levar a cabo a residencia de maiores.

0.16354298591614