Guido Guía organiza un paseo guiado polo Incio o vindeiro 12 de marzo

SarriaXa
Guido Guía organiza un paseo guiado polo Incio o vindeiro 12 de marzo e que terá un custo de 10 euros ata esgotar prazas
Descubrindo O Incio
Descubrindo O Incio
1 Mar 2023

O vindeiro domingo, 12 de marzo, o guía de turismo Guido Álvarez, co seu proxecto 'Paseos guiados con Guido Guía', fará unha actividade polo Incio chamada #RedescubrindoOIncio.

A actividade será de 11.00 a 14.00 horas e nela percorrerase o municipio saíndo da Casa do Concello e chegando ata o mesmo punto.

Ademais, traerá un convidado especial, o historiador Xaime Fernández, co que os asistentes descubrirán todos os segredos do concello.

As persoas interesadas poden anotarse enviando un correo a guidoguiaturismo@gmail.com e pagando unha cota de 10 euros.
0.16932988166809