Gumersindo Rodríguez preséntase á Alcaldía do Páramo con Alternativa Veciñal polo Páramo

SarriaXa
Gumersindo Rodríguez preséntase á Alcaldía do Páramo con Alternativa Veciñal polo Páramo despois de deixar o PP
Gumersindo Alternativa Veciñal O Páramo
Gumersindo Alternativa Veciñal O Páramo
30 Mar 2023

Gumersindo Rodríguez Liz, exalcalde do Páramo, preséntase como candidato ás eleccións de maio no Concello do Páramo polo partido político Alternativa Veciñal polo Páramo.

Así, avisou aos veciños nunha carta na que anunciaba a súa candidatura despois de abandonar o Partido Popular hai unhas semanas para pasar a edil non adscrito.

Gumersindo Rodríguez foi alcalde do Páramo durante 36 anos e nas últimas eleccións presentouse como número dous da lista do PP, porén, despois de que o actual alcalde, José Luís López, que goberna co partido Todo polo Páramo, anunciara a súa candidatura polo PP, Gumersindo tomou a decisión de ir por libre.

0.16684007644653