Habló Pablo compartiu a súa experiencia co alumnado da ESO do colexio da Asunción de Sarria

SarriaXa
O músico e antigo alumno falou sobre o seu percorrido artístico antes do concerto do 28 de febreiro na Sala Buril
Pablo-Valín-Habló-Pablo-Sarria
27 Feb 2026

Pablo Valín, máis coñecido como Habló Pablo, visitou o colexio da Asunción de Sarria para ofrecer unha charla ao alumnado da ESO, coincindo coa promoción do seu próximo concerto, que se celebrará este sábado, 28 de febreiro, na Sala Buril de Sarria.

Durante o encontro, o músico realizou un percorrido cercano e sincero polos seus primeiros pasos no mundo artístico. Lembrou a súa etapa como estudante no colexio e compartiu anécdotas daqueles anos, cando o seu camiño parecía encamiñado cara a outras vocacións.

Nos primeiros anos, explicou, a súa intención era dedicarse profesionalmente ao tenis, o que lle levou a incorporarse ao Centro de Tecnificación de Pontevedra, onde combinou os estudos cunha formación deportiva máis esixente. Co paso do tempo, descubriu que a súa verdadeira paixón estaba na música.

Na charla, os alumnos puideron ver o videoclip dalgunha das cancións do disco "Habló Pablo" e coñecer todo o proceso creativo dunha canción, desde a inspiración e a composición da letra ata a produción musical en estudio. Ademais, explicou como se planifica e grava un videoclip, detallando o traballo detrás de poucos minutos de imaxes.

A sesión foi tamén moi participativa, e o alumnado tivo a oportunidade de realizar numerosas preguntas sobre a súa carreira, os retos do mundo musical e as persoas coas que traballou ou lle gustaría colaborar.

A experiencia resultou enriquecedora para todos, permitindo aos estudantes coñecer de primeira man o percorrido dun antigo compañeiro e comprender que os camiños cara ao futuro non sempre son rectos, pero poden ser apaixonantes.

0.11075091362