Huellas de Sarria organiza un mercado solidario este sábado en Sarria

SarriaXa
Huellas de Sarria en colaboración coa asociación Michos de Lugo, organiza un mercado solidario para recadar fondos
mercadillo solidario sarria portada
mercadillo solidario sarria portada
18 Ago 2022

O sábado 20 de agosto, a organización Huellas de Sarria tén pensado realizar un mercado solidario especial, en colaboración coa asociación Michos de Lugo co obxectivo principal de recadar fondos para ambas asociacións.

O mercado realizarase en Sarria, na explanada coa que conta a organización Huellas de Sarria, xusto diante do antigo ambulatorio (edificio no que teñen o seu local habitual de mercado), en horario de 12.00 a 20.00 horas da tarde.

A idea é ter roupa de verán en oferta, con artigos a un euro, ofertas 2×1, merchandaising de ambas asociacións, e tamén, se a reciben a tempo, venderan décimos de lotería de nadal para comezar a repartir sorte entre os veciños e achegados.

mercadillo solidario sarria
0.18157315254211