Huhú organiza en Sarria un obradoiro creativo para achegar aos máis pequenos a distintas disciplinas artísticas

SarriaXa
A actividade, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, celebrarase este sábado e combinará performance, pintura, collage e escultura nunha proposta práctica e participativa
Obradoiro-de-máscaras-A-Sede-Asociación-Huhú-Sarria
8 Jul 2026

A Asociación Cultural Huhú de Sarria celebrará este sábado 11 un obradoiro creativo aberto a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que terá lugar na súa sede en horario de 10:00 a 14:00 horas. A actividade estará impartida por Mercedes Cabada e require inscrición previa antes do 10 de xullo, mandando mail a info@trienalsarria.com, e ten un custo de 5 euros.

O obradoiro ten un custo de 5 euros por participante e pretende achegar aos máis pequenos a diferentes formas de expresión artística a través dunha experiencia práctica. Ao longo da mañá, os asistentes iniciaranse en tres disciplinas: a performance, a pintura, debuxo e collage como técnicas en dúas dimensións, e a escultura, centrada na creación de obras tridimensionais.

Os participantes poderán levar os seus propios materiais de pintura, sempre que sexan pinturas á auga. Pola súa banda, a organización facilitará unha ampla variedade de recursos, entre eles pinturas á auga, pinceis, lápices de cores, barro, cartóns, cartolinas, teas e outros materiais reutilizables, como papel hixiénico, xornais e revistas para a elaboración de collages, ademais dos elementos auxiliares necesarios, como tesoiras, cola ou cinta adhesiva.

Como parte da proposta, tamén se animará aos nenos e nenas a explorar a contorna da sede para atopar materiais naturais ou reciclables que poidan incorporar ás súas creacións, fomentando así a creatividade, a observación e o aproveitamento dos recursos do entorno.

0.11454582214355