Inaugurada a exposición No Camiño en Sarria

SarriaXa
Sarria acolleu na prisión vella a inauguración da exposición No Camiño, que ten como subtítulo As imaxes que viron os peregrinos.
exposicion camino santigo 1
exposicion camino santigo 1
25 oct 2021

Sarria acolleu na prisión vella, no día de hoxe, a inauguración da exposición No Camiño, que co subtítulo As imaxes que viron os peregrinos recompila imaxes antigas dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo, ademais de textos literarios relacionados con eses anacos da historia do Camiño, hoxe perdidos na súa maior parte.

A mostra percorrerá nas vindeiras semanas os Camiños de Santiago pola nosa provincia.

No Camiño

A exposición reflicte escenas, paisaxes e xentes do Camiño que puideron ver os peregrinos no decurso do tempo a través de antigas fotografías de fotógrafos de sona ou anónima, que representan un caleidoscopio vital do Camiño no último século.

Con este Proxecto-Homenaxe quérese divulgar algunhas das súas fermosas imaxes, entrañables, inesquecibles, acompañadas por textos literarios que as complementan ou destacan, en singular conxunción de arte visual e literaria, ao servizo da intelixencia cómplice do espectador.

As fotografías, perfectamente localizables polo espectador e debidamente identificadas, son un valor por si mesmas e o testemuño da luz resulta complementado ou resaltado polas citas literarias, que poñen de relevo tanto os aspectos que a imaxe reflicte como outros detalles históricos ou sociais, que axudan á comprensión ou ao impacto, por completar a visión do espectador.

A exposición está formada por 10 paneis impresos por ámbolos dous lados, que conteñen fotografías e os seus correspondentes textos.

exposicion camiño paradela