Inelcom inicia un ERE estatal e CCOO denuncia o impacto da decisión na comarca de Sarria

SarriaXa
Inelcom inicia un ERE estatal e CCOO denuncia o impacto da decisión na comarca de Sarria
18 Abr 2023

A empresa Inelcom, que ten a súa sede en Sarria, abrirá un periodo de ERE estatal que afectará ao centro de traballo de Sarria e de Xátiva (Valencia).

Esta decisión foi comunicada a principios de mes desde a dirección da empresa áo Comité de Empresa para que os 500 traballadores estean atentos ás seguintes comunicacións, xa que aínda non se sabe como vai afectar esta medida aos dous centros.

Inelcom é unha empresa que se adica ao sector de Contact Center, prestando servizos a Telefónica como servicio técnico de empresas, prevención do fraude, Hola Luz e outras empresas.

A Federación de Servicios de CCOO en Galicia, pola súa parte, denunciou o impacto que dita decisión pode suponer para o empleo na provincia de Lugo.

Mañá, mércoresm reuniranse con membros do Comité de Empresa e co alcalde de Sarria para trasladarlle a súa preocupación pola destrucción de empleo e impacto negativo que supón para a comarca de Sarria.

0.069227933883667