Interxeracións 2026 reunirá música e convivencia o 22 de agosto en La Unión de Sarria

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria xa ten data para unha nova edición de Interxeracións. O evento celebrarase o sábado 22 de agosto e converterá a terraza da entidade nun punto de encontro para persoas de distintas idades arredor da música en directo.
A iniciativa busca fomentar a convivencia entre xeracións a través dunha programación musical pensada para reunir a públicos de diferentes idades e compartir unha noite de lecer.
A programación arrancará ás 22:00 horas coa actuación de 7 Rojo, unha formación que ofrecerá un repertorio baseado nos grandes éxitos do rock e do pop das décadas dos 80, 90 e 2000.
A partir das 00:00 horas será a quenda de Mekanika, unha banda que tomará a remuda cun espectáculo marcado pola enerxía e as versións de temas actuais, co obxectivo de prolongar a festa ata ben entrada a madrugada.
O evento desenvolverase na terraza de La Unión e será de acceso libre e gratuíto para todas as persoas que desexen asistir.