José Ángel Gómez Sandes presenta en Sarria a novela 'Cuando el camino mata'

SarriaXa
A Biblioteca Municipal acollerá o 23 de outubro, ás 20:00 horas, a presentación deste thriller de asasinatos ambientado no Camiño de Santiago
Biblioteca-Sarria
7 Oct 2026

José Ángel Gómez Sandes presentará o vindeiro 23 de outubro a súa novela 'Cuando el camino mata', un thriller de asasinatos ambientado no Camiño de Santiago. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Sarria ás 20:00 horas.

A historia transcorre dez anos despois da morte de Eva, cando un grupo de amigos decide reunirse para percorrer o Camiño de Santiago e pechar antigas feridas. Entre eles atópase Miguel, condenado polo asasinato de Eva e recentemente saído do cárcere.

O que inicialmente debía ser unha viaxe de reconciliación convértese nunha situación de pesadelo cando un dos integrantes do grupo aparece morto. A partir dese momento, os segredos, a culpa e as sospeitas comezan a saír á luz, mentres os protagonistas descobren que ningún deles pode confiar plenamente nos demais.

A novela combina o misterio e a investigación criminal co percorrido polo Camiño de Santiago, nunha trama na que as relacións entre os protagonistas e os acontecementos do pasado adquiren un papel fundamental.

A presentación en Sarria permitirá coñecer a obra da man do seu autor e afondar na historia e no proceso de creación de 'Cuando el camino mata'.

0.17995381355286