José Manuel Mato volve presentarse como candidato do PP á Alcaldía de Paradela

SarriaXa
José Manuel Mato volve presentarse como candidato do PP á Alcaldía de Paradela despois de levar de alcalde desde o 1979
24 Feb 2023

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato, presentarase ás eleccións municipais de maio para volver representar ao PP no municipio.

Se sae elixido, cumprirá o seu duodécimo mandato como alcalde de Paradela, xa que leva desde o ano 1979 ao mando da localidade.

O popular José Manuel Mato é unha das figuras máis representativas do Partido Popular en Lugo, xa que leva varias maiorías absolutas nas diversas eleccións ás que se enfrontou.

0.17666602134705