La Unión acollerá a proxección da película 'A viaxe de Lucy'

SarriaXa
O filme foi finalista nos Mestre Mateo como Mellor documental, Mellor dirección de fotografía e Mellor dirección de producción
A-viaxe-de-Lucy
29 sep 2024

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria acolle esta tarde a partir das 19.00 horas a proxección da película ‘A viaxe de Lucy’, de Ruth Chao.

A proxección, que forma parte do ciclo de cine dos Mestre Mateo, trata sobre Lucy, que traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días erguíase ás 6 e acostábase ás 9. Nos seus días tranquilos non hai peripecias reseñables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro. Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Na cidade dos cartos, onte e hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.

Todas as persoas interesadas en desfrutar desta película poderán facelo achegándose á Unión, tendo en conta que foi finalista nos Mestre Mateo como Mellor documental, Mellor dirección de fotografía e Mellor dirección de producción.

0.14644813537598