Láncara acollerá o espectáculo infantil “As viaxes máxicas de Charly Braun” na Biblioteca Municipal

SarriaXa
A actividade celebrarase o 21 de maio ás 16:00 horas dentro da programación de animación á lectura
Biblioteca-municipal-de-Láncara
19 May 2026

O Concello de Láncara acollerá o vindeiro 21 de maio o espectáculo infantil “As viaxes máxicas de Charly Braun”, unha proposta dirixida ao público familiar que combinará maxia, humor e participación nunha sesión pensada para fomentar a lectura e a imaxinación entre os máis pequenos.

A actividade desenvolverase ás 16:00 horas na Biblioteca Municipal de Láncara e forma parte das iniciativas impulsadas pola Rede de Bibliotecas de Galicia baixo o programa “Ler conta moito”.

O espectáculo promete unha viaxe “máxicamente inesquecible”, na que o mago Charly Braun conducirá ao público a través de diferentes números de ilusionismo e entretemento nun formato dinámico e participativo.

A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Rede de Bibliotecas de Galicia e do Concello de Láncara.

0.10219693183899