Láncara acollerá un contacontos musical para achegar ás crianzas historias máis xustas e diversas

SarriaXa
A actividade, organizada pola ANPA Pícaros do CPI Ramón Piñeiro, celebrarase o martes 24 de novembro no centro educativo con dúas sesións de Lúa Triangular
colexio-Láncara
21 Nov 2026

A ANPA Pícaros do CPI Ramón Piñeiro de Láncara organiza o vindeiro martes 24 de novembro o contacontos musical "Lúa Triangular: Nada é imposible", unha proposta dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria e ás súas familias.

A actividade desenvolverase no propio centro educativo en dúas quendas. A primeira sesión terá lugar ás 15:40 horas e estará destinada ao alumnado de Educación Infantil, mentres que a segunda comezará ás 16:40 horas e estará aberta ás crianzas de Educación Primaria e ás súas familias.

A través da música e dos contos, a proposta viaxará ao mundo das historias para transformalo nun lugar máis xusto e diverso, no que as princesas poidan visibilizar e protagonizar as súas propias vivencias.

0.13602900505066