Láncara acolleu o acto de presentación do Partido Popular, liderado por Olga Capón

SarriaXa
Láncara acolleu o acto de presentación do Partido Popular, liderado por Olga Capón e acompañada de varios dirixentes do partido
PP Láncara candidatura
PP Láncara candidatura
29 abr 2023

O Partido Popular de Láncara presentou a súa candidatura como “un equipo unido, multidisciplinar, representativo das distintas zonas do municipio e disposto para formar un goberno que transforme o noso concello”.

Durante o acto de presentación que contou coa participación do responsable de Sanidade do Goberno galego, Julio García Comesaña; o secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal; e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro.

A alcaldable, Olga Capón, explicou que a candidatura conta con “10 homes e 7 mulleres de idades entre os 28 e 77 anos, combinando xuventude e experiencia en distintos sectores, persoas traballadoras e emprendedoras, con ganas de aportar e moi implicadas cun proxecto serio, adquirindo un compromiso con Láncara”, remarcou.

O compromiso do PP en Láncara “é de longa duración” porque “temos proxecto non só para gañar as eleccións; senón para mellorar Láncara dende o goberno local a través de iniciativas dirixidas a dinamizar a economía, a vida social e garantir servizos aos veciños de tódalas parroquias”.