Láncara está máis preto de conseguir levar a cabo o Plan Xeral de Ordenación Municipal

SarriaXa
O PXOM de Láncara vén de superar a fase de avaliación ambiental a través da publicación do Diario Oficial de Galicia (DOG), un borrador no que se propón a modificación da delimitación actual dos núcleos rurais de Os Campos, Río, Ronfe, Santalla, Seoane e Vigo de Galegos.
20 Feb 2024

O PXOM de Láncara vén de superar a fase de avaliación ambiental a través da publicación do Diario Oficial de Galicia (DOG), un borrador no que se propón a modificación da delimitación actual dos núcleos rurais de Os Campos, Río, Ronfe, Santalla, Seoane e Vigo de Galegos.

Nestes espazos de Láncara deberán excluírse os terreos sen ocupar por explotacións gandeiras que ocupan posición limítrofes dentro de cada núcleo. Ademais, tamén reaxusta a delimitación do núcleo de Souto para incorporar un novo camiño na zona e excluír parcelas de uso agrícola.

Por outra banda, o borrador inclúe a posibilidade de facer cambios na estrutura vial dos núcleos de Asteire, Meixarín e Outeiro para corrixir erros detectados.

Cambios no chan rústico e urbano

Con respecto ao chan rústico, proponse modificar o trazado dun camiño público entre Outeiro e A Pedreira, así como proponse incorporar a prolongación da variante da Pobra de San Xiao da nova liña de tren de alta velocidade entre Lugo, Monforte e Ourense.

Ademais, no chan rústico de protección agropecuaria da Pobra de San Xiao déixase unha reserva de vía para unir a glorieta de acceso ao núcleo urbano e á rúa Río Neira, e incorpórase ao chan urbano unha vivenda e o tramo de vía executado.

No caso do chan urbano, proponse un cambio no trazado dunha vía próxima ao Campo da Feira para adaptala á estrutura e corrixir a representación da vía que comunica as rúas Rosalía de Castro de Julio Iglesias.

0.17223191261292