Láncara recupera a excursión dos maiores este domingo ao viaxar ás Rías Baixas

SarriaXa

O Concello de Láncara recupera a excursión para a terceira idade do municipio cunha viaxe organizada ás Rías Baixas este vindeiro 14 de abril, domingo.

excursión Láncara
excursión Láncara
9 abr 2024

O Concello de Láncara recupera a excursión para a terceira idade do municipio cunha viaxe organizada ás Rías Baixas este vindeiro 14 de abril, domingo.

Os lugares de recollida das persoas participantes serán en Vilaesteva, pasando por Cedrón, Galegos, Reboleira, Oleiros e ata A Pobra de San Xiao ás 07.30 horas; ás 07.45 horas en Lacara, pasando por Trasliste e ata A Pobra de San Xiao ou directamente na Pobra de San Xiao ás 08.30 horas, cando se efectuará a saída.

As persoas participantes visitarán a Feira de Padrón, o municipio do Grove, onde darán un paseo en barco e a Illa da Toxa, polo que deberán pagar un custo de 35 euros nos que se incluirá a viaxe, a mariscada e o traxecto con baile no barco.

As prazas son limitadas e terán prioridade os empadroados, así que hai que apuntarse antes do 8 de abril nas oficinas municipais de 8.00 a 15 horas ou no teléfono 982 543 077.