Licitadas as obras de ampliación da Edar de Triacastela por máis de 450.000 euros

SarriaXa
As empresas interesadas en presentarse ao concurso licitado poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 29 de xullo
Concello-Triacastela-Xunta-2
1 Xul 2024

Augas de Galicia vén de licitar a ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar) de Triacastela por un valor de 451.154 euros e cun prazo de execución de seis meses.

Actualmente, a depuradora está construida para abastecer unha poboación de 350 habitantes e coa ampliación case duplicará a súa capacidade, prestando servizo a 611 persoas.

As obras consistirán en instalar dos ranques para a decantación primaria e o sistema secundario farase mediante dúas liñas de biodiscos e un novo decantador lamelar con bombeo de purga dos lodos. Ademais, terá un sistema de desifección ultravioleta.

O convenio de colaboración firmado pola alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e a conselleira de Infraestruturas previa ás eleccións da Xunta, Ethel Vázquez, fora firmado en xaneiro, xa que estas obras eran unha demanda constante polo Concello de Triacastela, xa que a Edar é punto de inicio e fin de etapa do Camiño de Santiago, polo que pasan por ela moitos peregrinos.

As empresas interesadas en presentarse ao concurso licitado poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 29 de xullo.

0.17412781715393