LÎLÂ Teatro leva a Sarria a odisea dunha cabra montesa coa obra ‘Abra da Cabra’

SarriaXa
A representación, dirixida ao público adulto, terá lugar o domingo 4 de outubro ás 20:00 horas na Casa da Cultura
Abra-da-Cabra-Lila-Teatro
29 Sep 2026

A Casa da Cultura de Sarria acollerá o domingo 4 de outubro a representación de ‘Abra da Cabra’, da compañía LÎLÂ Teatro, unha obra dirixida ao público adulto que narra a viaxe dunha cabra montesa en busca dunha vida mellor.

A protagonista nace nun lugar remoto e inhóspito, pero un día decide emprender unha longa viaxe coa esperanza de atopar un futuro máis próspero e amable. O que comeza como unha aventura convértese nunha auténtica odisea, marcada por numerosos intentos frustrados de convivencia coa raza humana, coa que non consegue entenderse.

Ao longo do percorrido, a cabra vivirá situacións extravagantes, momentos de alegría e numerosas dificultades que a levarán a cuestionarse o seu lugar no mundo. Finalmente, comezará a valorar a posibilidade de regresar á súa orixe, á vida montesa e ao abeiro da montaña, onde quizais se atope o seu verdadeiro destino.

A función comezará ás 20:00 horas e ofrecerá ao público unha historia de aventuras que aborda, desde unha perspectiva singular, a convivencia entre especies e a procura dunha vida acorde coa propia natureza.

0.14142394065857