Luz Fandiño fixo entrega a Sés do Premio Facer País outorgado pola Asociación Cultural Val de Láncara

SarriaXa
María Xosé Silvar, Sés, recibiu o Premio “Facer País” outorgado pola Asociación Cultural Val de Láncara na antiga casa consistorial de Carracedo, en Láncara das mans de Luz Fandiño, a penúltima premiada, nun acto no que Xurxo Souto actuou como mestre de cerimonias.
Premio Facer País Asociación Val de Láncara 2
19 Nov 2023

María Xosé Silvar, Sés, recibiu o Premio “Facer País” outorgado pola Asociación Cultural Val de Láncara na antiga casa consistorial de Carracedo, en Láncara das mans de Luz Fandiño, a penúltima premiada, nun acto no que Xurxo Souto actuou como mestre de cerimonias.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a deputada de Cultura, Iria Castro, asistiron á entrega, felicitaron a Sés e remarcaron "o carácter popular do acto, coa presenza da veciñanza e dos colectivos culturais da comarca de  Sarria".

Subliñaron tamén a traxectoria do premio "que rebasou as fronteiras do concello e da comarca para converterse nun certame galego", valorando "a dedicación e o compromiso co que se puxo en marcha en 2002 por parte da Asociación Cultural Val de Láncara co apoio dos colectivos culturais da contorna".

O Premio Facer País, cuxo xurado está formado por unha vintena de asociacións  dos concellos de Láncara, Sarria, O Corgo, A Fonsagrada, Baralla e Cervantes, recoñece a "postura clara de defensa da lingua e cultura galega" de Sés, "dende unha visión nova, rompedora, actual e feminista".

Desde a súa creación en 2002, recibiron o galardón lsaac Díaz Pardo, Luis Tosar, o grupo Milladoiro, Xosé Manuel Beiras Torrado, Xosé Neira Vilas, o diario A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, a Real Academia Galega, Mini e Mero, Agustín Fernández Paz, a Mesa pola Normalización Lingüística, Marica Campo, Basilio Losada Castro Margarita Ledo Andión, a Asociación Cultural Xermolos, a familia Seivane, Xurxo Souto, Luar na Lubre e Luz Fandiño.

0.16001987457275