Máis de 700 persoas achegáronse ás festas organizadas polo Concello de Samos esta fin de semana
SarriaXa
Máis de 700 persoas achegáronse ás festas organizadas polo Concello de Samos esta fin de semana con diferentes actividades
10 Xul 2023
As festas organizadas polo Concello de Samos que tiveron lugar esta fin de semana foron todo un éxito despois de contabilizar nalgúns momentos máis de 700 persoas, que se achegaron á praza da festa para desfrutar do touciño e a comida popular.
Ademais deste acto gastronómico, houbo diferentes actuacións musicais durante o sábado da man da charanga Os Chafalleiros de Monterroso e do grupo Os Parentes. Mentres, o domingo actuou o Coro Sarricanta, a banda de música Egs-Ars Nova, o grupo M-3 e a Louband de Sarria.
A alcaldesa de Samos, Chus López, defende que saiu "todo moi ben, a xente tiña ganas de festa e houbo moita participación".