Manuel López Rodríguez presenta en Sarria 'Ambiente', a obra gañadora do Premio Fiz Vergara Vilariño

A poesía galega reuniu novos lectores e voces vinculadas á literatura na Biblioteca Camilo Gonsar de Sarria coa presentación de 'Ambiente', o libro de Manuel López Rodríguez distinguido co XXV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.
O encontro permitiu compartir a obra gañadora desta edición co seu autor, acompañado por María Casar, Inma Núñez, Miguel Anxo Fernán-Vello, César No e Jesús Otero-Yglesias.
O acto serviu tamén para poñer en valor a continuidade dun premio que homenaxea a figura de Fiz Vergara Vilariño e contribúe á difusión da poesía e da literatura en lingua galega.
A organización agradeceu a colaboración de todas as persoas que fan posible o certame, que mantén viva a memoria do poeta e reforza o compromiso coa cultura e coa lingua propias.