María Carretero e Domingo de Famara, embaixadores de honra na segunda Gala Solidaria UP2U

A artista sarriana María Carretero, acompañada por Domingo de Famara, que tamén doou unha obra súa, asistiu como Embaixadora de Honra 2025 á Gala Solidaria UP2U 2026 celebrada no ICAM de Madrid.
Durante o evento, Carretero entregou a súa creación orixinal Peregrino do Amor 2026, inspirada na obra pública e urbana “Homenaxe ao Peregrino” 1993-1996, que este ano conmemora o seu XXX aniversario de inauguración, motivo polo cal se están a organizar diversas actividades sociais e culturais.
O Peregrino do Amor é unha obra realizada a partir das Conferencias que organizamos na súa terceira edición AMOR: A Muller no Camiño de Peregrinación. Camiño de Santiago desde Canarias 2024, inspirada na obra pública e urbana “Homenaxe ao Peregrino” 1993-1996, que celebra este ano o seu XXX aniversario, e da cal se manterá puntualmente informada a sociedade.
Nas imaxes do evento, aparecen entregando a obra ao berro de Peregrino do Amor 2026, xunto co xogador de baloncesto Fernando Romay – Embaixador de Honra 2025 –, e tamén cun dos mozos que se incorporou á Unión Deportiva de Las Palmas tras realizar o Camiño dos Valores, e con Juan Manuel Rodríguez, adestrador da UD Las Palmas, que actúa como figura paterna e acompaña activamente a estes mozos, así como con Suca Baldor, psicobióloga e fundadora de PsicoAcademy, que recibiu a obra do Peregrino o pasado ano 2025. Ademais, Yassine Moustafil, integrante do equipo de fútbol denominado EQUIPO D, formado por mozos en medidas xudiciais, tamén participou, representando aos verdadeiros protagonistas desta historia.
Na terceira edición das Conferencias AMOR: A Muller no Camiño de Peregrinación, María Carretero convidou á Ilma. Sra. Doña Reyes Martel, Maxistrada do Xulgado de Menores número 1 de Las Palmas de Gran Canaria e Presidenta e Fundadora de UP2U Project – proxecto de integración social “Depende de Ti” que realiza o Camiño dos Valores con mozos vulnerables desde Galicia e Canarias – a participar como ponente xunto con outras personalidades no Palacio da Casa de Galicia en Madrid.
Na Gala participaron diversas personalidades e os novos Embaixadores de Honra 2026, pero os verdadeiros protagonistas foron os mozos en situación de vulnerabilidade que realizaron o Camiño dos Valores desde Canarias e Galicia. No emotivo acto, compartiron os seus testemuños, recibindo a sorpresa, a solidariedade e os aplausos dos asistentes.
María Carretero tivo tamén a ocasión de falar co alcalde do Concello de Sarria, Claudio Garrido, nomeado Embaixador de Honra 2026. Durante a conversa, a artista reiterou a súa disconformidade coa situación actual, prolongada durante 13 anos, da obra pública e urbana situada en Sarria. Sen dúbida, este ano e o próximo Xacobeo 2027 marcarán o inicio, entre todas as partes afectadas, dun reto para a restitución da obra artística e a construción do ponte do Peregrino do Amor, guiado só polo Apóstolo Santiago.