Mateo conseguiu a medalla de ouro na fase autonómica da Copa Xunta de Galicia de taekwondo
O Club AC Taekwondo de Sarria conseguiu moi bos resultados no campionato galego Copa Xunta de Galicia celebrado en Moaña este sábado.
Despois de que se clasificaran para a fase autonómica tanto Mateo como Alma, durante o encontro desta fin de semana Mateo acadou a medalla de ouro en categoría cadete infantil masculino.
Álex Losada, o seu adestrador, defende que esta é “unha categoría de moito nivel no que Mateo deu a talla, pasando do primeiro posto á final”, polo que destaca a súa “gran evolución, froito do seu traballo e gañas de mellorar.
Pola súa parte, Alma competiu en categoría infantil feminino e conseguiu unha 5°posición, a 0,1 décimas das medallas.
Por último, o adestrador do AC Taekwondo Sarria, coñecido como Álex Camba, fíxose co segundo posto despois de retirarse na final a causa de molestias no pe dereito e como medida preventiva de cara ao europeo da semana que vén.