Mateo conseguiu a medalla de ouro na fase autonómica da Copa Xunta de Galicia de taekwondo

SarriaXa
O Club AC Taekwondo de Sarria conseguiu moi bos resultados no campionato galego Copa Xunta de Galicia celebrado en Moaña este sábado.
Ac Taekwondo campionato galego Moaña Mateo
Ac Taekwondo campionato galego Moaña Mateo
20 Nov 2023

O Club AC Taekwondo de Sarria conseguiu moi bos resultados no campionato galego Copa Xunta de Galicia celebrado en Moaña este sábado.

Despois de que se clasificaran para a fase autonómica tanto Mateo como Alma, durante o encontro desta fin de semana Mateo acadou a medalla de ouro en categoría cadete infantil masculino.

Álex Losada, o seu adestrador, defende que esta é “unha categoría de moito nivel no que Mateo deu a talla, pasando do primeiro posto á final”, polo que destaca a súa “gran evolución, froito do seu traballo e gañas de mellorar.

Pola súa parte, Alma competiu en categoría infantil feminino e  conseguiu unha 5°posición, a 0,1 décimas das medallas.

Por último, o adestrador do AC Taekwondo Sarria, coñecido como Álex Camba, fíxose co segundo posto despois de retirarse na final a causa de molestias no pe dereito e como medida preventiva de cara ao europeo da semana que vén.

0.16858601570129