Mateo Fernández, alumno da AC Taekwondo Sarria, adestrou en Madrid coa selección española
Este sábado Mateo Fernández acudiu a Madrid a un adestramento coa selección Española co obxectivo de que a selección fixese o equipo máis competitivo posible de fronte ao próximo mundial que se celebrará en novembro de 2024 en Hong Kong.
Mateo superou a criba da mañá despois de 3 horas de adestramento, quedando entre os 4 seleccionados finais para facer un equipo de 3 persoas, porén, Mateo non foi seleccionado para o equipo.
Desde o club felicitan a Mateo por superar un total de 6 horas de adestramento, dividido en 2 xornadas de 3 horas, "polo gran esforzo realizado hoxe e todos os días de adestramento que se están vendo na súa progresión permitíndolle participar nun adestramento con algúns dos mellores deportistas desta modalidade a nivel nacional", destacan.