Mateusz Miller é o primeiro artista confirmado que actuará no Tremeterra Fest do Incio

SarriaXa

Os organizadores do Festival Tremeterra do Incio confirman o primeiro artista que actuará durante o evento, que será Mateusz Miller, de Radikal Guru, nacido en Polonia, e que definen como "unha das luces máis brillantes da comunidade underground e pioneiro nunha fusión única e convincente de sons que abarcan dub, reggae e dubstep".

Radikal Guru Tremeterra Fest
Radikal Guru Tremeterra Fest
18 abr 2024

Os organizadores do Festival Tremeterra do Incio confirman o primeiro artista que actuará durante o evento, que será Mateusz Miller, de Radikal Guru, nacido en Polonia, e que definen como "unha das luces máis brillantes da comunidade underground e pioneiro nunha fusión única e convincente de sons que abarcan dub, reggae e dubstep".

O artista, influenciado por artistas como King Tubby e Scientist, explican, obtivo por primeira vez aclamación e recoñecemento mundial a raíz dos lanzamentos en vinilo no sello Dubbed Out, antes de formar unha asociación creativa co sello amigo Moonshine Recordings, onde continuou cimentando a súa reputación como un dos máis fortes defensores da escena.

Desde a organización o definen como "produtor talentoso e excelente seleccionador que transmite a súa paixón pola música a través de sesións de DJ que renden homenaxe á rica historia do son e a cultura e ao mesmo tempo mostran os cortes máis recentes de innovación sonora del e os seus contemporáneos".

Así, conclúen que "é un dos artistas máis innacesibles neste lado noroeste na península" e aínda así estará actuando no Tremeterra o vindeiro 31 de agosto no Incio.