Melanie regresa ao Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria tras conquistar ao público na pasada edición

SarriaXa
A ilusionista volverá actuar no certame, que se celebrará do 20 ao 23 de agosto, cun espectáculo renovado cheo de novos xogos e experiencias máxicas
Melanie-Cacho
21 Jul 2026

A organización do XXI Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria continúa desvelando o cartel desta edición coa confirmación dunha nova artista. Trátase da ilusionista Melanie, que regresará ao certame despois da boa acollida que recibiu na súa estrea o pasado ano.

Segundo destacan desde a organización, a artista deixou unha fonda impresión entre o público grazas á súa alegría, espontaneidade e calidade sobre o escenario, converténdose nunha das actuacións máis lembradas da edición anterior.

Nesta ocasión, Melanie volverá a Sarria cun espectáculo renovado, no que incorporará novos xogos e experiencias máxicas co obxectivo de sorprender de novo aos asistentes.

O XXI Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria celebrarase entre os días 20 e 23 de agosto e seguirá reunindo a destacados ilusionistas nacionais e internacionais nunha cita xa consolidada dentro da programación cultural do verán.

0.11545205116272