Melloran un treito da estrada LU-633 que coincide co Camiño Francés en Sarria

SarriaXa
Como parte das 23 intervencións para incrementar a seguridade en puntos conflitivos das diferentes rutas xacobeas que atravesan a provincia de Lugo, a Xunta vén de executar unha actuación de mellora da seguridade nun treito da estrada LU-633 que coincide co Camiño Francés ao seu paso polo núcleo de Barreiros, en Sarria.
29 dic 2022

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dos traballos realizados á altura do punto quilométrico 54 desta vía autonómica, onde se instalou unha pasarela de madeira e un valado, mellorouse o pavimento na zona pola que transitan os peóns, pintáronse bandas transversais de alerta e reforzouse a sinalización de advertencia de perigo. O investimento total foi de 12.200 euros.

Arias explicou que o Goberno galego ten en marcha este ano seis actuacións destas características no percorrido do Camiño Francés por Sarria, Triacastela, Samos e Portomarín, cinco delas na confluencia coa estradas LU-633 e unha na LU-637.

O Goberno galego continúa así co plan mellora de seguridade na rede viaria de titularidade autonómica no ámbito dos Camiños de Santiago en Galicia, que no anterior exercicio incluíu 36 actuacións en 13 estradas autonómicas de Lugo cun investimento de 466.800 euros.