Melloraranse varios viais en Sarria cos fondos do Plan Único

SarriaXa
Melloraranse varios viais en Sarria cos fondos do Plan Único así como se destinarán case 60 mil euros para mellorar a residencia
melloras sarria
melloras sarria
18 feb 2023

O Concello de Sarria destinará preto de 400.000 euros do total dos 520.000 euros do Plan Único a cinco proxectos de mellora de viais.

Deses 400.000 euros, 204.000 euros serán destinados á mellora de accesos en Teilonxe (San Pedro de Froián), acceso á Escola da Pena (Fontela), San Xulián da Veiga, O Romeo (Maside), treitos dentro do núcleo de Manán, Currial (Maside), O Fondón (Ortoá), Ferreiros, Lamparte, acceso a Vilanova desde Mezur e A Pinza.

Ademais, 48.000 euros irán para a renovación de varios firmes, como o da pista de acceso a Treilán desde a estrada LU-546, o da rúa Regata-Oural, a do firme nos accesos a San Silvestre-Barbadelo e do firme da rúa Fornos.

A maiores destes investimentos en obras, outros 58.000 euros empregaranse na adquisición de material e o pintado de estancias interiores da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, 20.000 euros no Servizo de Axuda no Fogar e 48.000 euros na contratación de seis operarios durante catro meses para os departamentos de Obras, Medio Ambiente e Medio Rural.