Membros da Xunta visitaron a a explotación agropecuaria SAT Ladeira do Páramo

SarriaXa
Esta explotación resultou beneficiaria en anos anteriores con axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética
visita-gandería-O-Páramo
visita-gandería-O-Páramo
24 Maio 2024

No marco do apoio ao sector agrícola primario, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou a explotación agropecuaria SAT Ladeira situada no Páramo.

Esta explotación resultou beneficiaria en anos anteriores con axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética neste tipo de explotacións.

A subvención concedida ascende a case 207.000 euros para un investimento de 680.000 euros e permitiu que a empresa SAT Ladeira leve a cabo nas súas instalacións actuacións de mellora enerxética.

En concreto, a explotación agropecuaria substituíu as salas de muxir por robots de muxido e mudou tamén os sistemas de iluminación interior. Estas actuacións están cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

0.19912981987