Membros do CEIP Frei Luís de Sarria maniféstanse pola desafectación das vivendas dos mestres

SarriaXa
Membros do CEIP Frei Luís de Sarria manifestan o seu malestar coa desafectación das antigas vivendas dos mestres
frei luis de granada sarria2
frei luis de granada sarria2
29 Nov 2022

Os integrantes da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Frei Luís de Granada, situado na vila de Sarria, tras distintas reunións mantidas con diferentes sectores da comunidade educativa manifestan o seu malestar “ó volver a ser enganados coa desafectación das vivendas dos antigos mestres”.

Dende o CEIP Frei Luís de Granada aseguran que "Tras contactar coa xefatura territorial de Lugo, levouse a cabo o inicio da petición de desafectación no ano 2014. Foi nese mesmo ano cando se emitiu unha orde para que comezase o proceso e non foi ata febreiro deste ano, en 2022, cando dende o Concello remitiron unha Certificación de acordo plenario que é o único que se atopa entregado na actualidade", afirman.

Na actualidade, os membros da ANPA do CEIP Frei Luís de Granada, suliñan que “ante a falla de respostas por parte do Concello e cansados de propostas que non teñen fin, solicitamos que se realice unha inspección técnica dos edificios (ITE), e o poder participar na presentación de proxectos para a súa valoración co fin de participar de modo cooperativo”.

Por outro lado, resaltan que “as vivendas ás que nos referimos en este escrito carecen de ITE, algo que no decreto 61/2021 é obrigatorio para vivendas con máis de 50 anos, cun prazo de tres. É evidente que estes edificios hoxe non cumpren os requisitos mínimos de habitabilidade, salubridade e seguridade, aparte de ter constancia da súa ocupación”, aseguran dende a ANPA.

“Ratas, electrodomésticos tirados nos patios, xiringas, fume dentro das vivendas, gretas, derrubamentos en plena zona escolar... ese é o noso día a día. É por isto que solicitamos de maneira pública e por rexistro, como xa o fixemos hai un mes sen recibir resposta a ITE inmediata onde probablemente sairía a inminencia do perigo e así, se é o caso, resolveríase a declaración en ruínas”.

Unha das propostas que deixan no aire os integrantes da ANPA do Frei Luis de Granada é “a construción dun parque público cuberto”, aínda que afirman que é soamente unha proposta.

frei luis de granada sarria3
0.13345408439636