Monarca toma as rendas da SD Oural de Sarria como novo adestrador

SarriaXa
A entidade inicia unha nova etapa con Pedro á fronte do equipo e agradece a Jorge e Xanares o seu traballo e compromiso co club
Pedro-Monarca-adestrador-SD-Oural
21 Oct 2026

A Sociedade Deportiva Oural de Sarria conta cun novo adestrador. Pedro, coñecido como Monarca, asume a dirección do equipo para iniciar unha nova etapa na que o club buscará afrontar novos retos e seguir defendendo as súas cores con ilusión e compromiso.

A entidade sarriá deulle a benvida ao novo técnico e desexoulle a maior das sortes nesta nova aventura deportiva. "Chega o momento de traballar xuntos, afrontar novos retos e seguir defendendo estas cores coa máxima ilusión, compromiso e orgullo", sinalou o club na súa mensaxe de presentación.

Ao mesmo tempo, a SD Oural quixo agradecer a Jorge e Xanares o traballo, a dedicación e o compromiso demostrados durante a súa etapa na entidade. O club trasladoulles o seu agradecemento por formar parte da familia do Oural e desexoulles o mellor no futuro.

0.16072678565979