Na SD Sarriana informan de tres novas incorporacións de profesionais ao cadro de xogadores

SarriaXa
As fichaxes foron anunciadas a través de redes sociais e tamén deron conta dunha renovación no cadro de xogadores do equipo
Sarriana-play-off-ascenso
Sarriana-play-off-ascenso
4 Xul 2024

O equipo da SD Sarriana segue anunciando fichaxes e renovacións de xogadores do seu primeiro equipo para a tempada 2024/2025.

Desta maneira, xa contan no cadro de xogadores co delanteiro Santi Gegund,e que chega do Arosa SC e xogou anteriormente na SD Compostela, UD Somozas e RC Villalbés.

Por outra banda, tamén se fichou ao mediocentro Luís Díaz, procedente da UD Somozas, ao que lle desexan una tempada “chea de éxitos, tanto deportivos como personais”.

Finalmente con respecto ás fichaxes, tamén contarán con Adriano Sousa, veciño de Paradela, que será o responsable da preparacion fisica tanto do equipo de 3ªRFEF como das categorias inferiores.

Pola súa parte, tamén confirmaron unha renovación, a do defensa Maximo Levrand, ao que lle agradecen acompañar ao equipo unha tempada máis.

0.17498898506165