Novas fichaxes de xogadores e renovacións foron anunciadas pola SD Sarriana

SarriaXa
Contarán con dous novos xogadores que veñen do CD Lugo - Polvorín, mentres que renovan varios xogadores do cadro de xogadores
SD-Sarriana-3RFEF
SD-Sarriana-3RFEF
25 Xuño 2024

A Sociedade Deportiva Sarriana vén de anunciar diferentes fichaxes e renovacións para o seu equipo principal na seguinte tempada.

Desta maneira, contará con Jaime Paz con adestrador do equipo, que vén do Villarreal CF. Por outra banda, tamén se fichou ao delanteiro do CD Lugo – Polvorín, David Guitián, un sarriao que sentirá a Sarriana como a súa casa. Da mesma maneira, Martín López, o paradelense que xoga na posición de defensa, tamén formará parte do equipo despois de formarse no CD Lugo – Polvorín, no UD Ourense e no CF Viveiro.

Con respecto ás renovacións, seguirán no equipo unha tempada máis os porteiros Javi Liz e Valentín Mosqueira; e tamén foron renovados o extremo Arona Sane, o defensa Ruchi, o mediocentro Jacobo e o atacante Ález Boedo.

0.17065906524658