Nove renovacións para dar continuidade ao proxecto do Oural na tempada 2026/27

O proxecto da S.D. Oural para a tempada 2026/27 segue collendo forma coa continuidade de nove futbolistas que xa forman parte da identidade do equipo e que volverán defender a camisola do conxunto de Sarria.
Ás cinco renovacións anunciadas inicialmente súmanse agora outras catro: Manu Campo, mediocentro; Raúl Arias, mediocentro; Marco, mediocentro, e Abreu, mediapunta. Todos eles continuarán vinculados ao Oural unha tempada máis.
Deste xeito, o club mantén no seu cadro a Cepeda, extremo; Yago, dianteiro; Michi, extremo; Joalvin, dianteiro; Juan Carlos, mediapunta; Manu Campo, Raúl Arias e Marco, mediocentros, e Abreu, mediapunta.
A continuidade destes nove xogadores permite ao Oural avanzar na configuración do seu proxecto deportivo mantendo unha parte importante do bloque que xa coñece o funcionamento do equipo, o vestiario e a filosofía do club.
O conxunto de Sarria aposta así pola continuidade e por un grupo de futbolistas que xa saben o que significa vestir esta camisola. Nove renovacións que permiten seguir dando forma a un equipo que quere afrontar a nova tempada con ilusión e ambición.
Nove renovacións, unha mesma idea: seguir medrando, seguir competindo e seguir deixándoo todo por este escudo.