Novos cursos en liña e gratuítos en Sarria

SarriaXa
Van dirixidos a traballadores de diversos sectores e comezarán a impartirse o 5 de febreiro. Que cursos son e como apuntarte, aquí
31 Xan 2021

O Concello de Sarria vén de asinar un convenio coa entidade Foro de Formación e Edicións que favorecerá a formación gratuíta e en liña dos traballadores, incluídos os autónomos e os que se atopan actualmente en situación de Erte ou Ere.

Os cursos, que comezan o venres 5 de febreiro, diríxense a traballadores dos sectores ambiental, gran distribución, agricultura, gandeiría, alimentación, construción, sector textil, novas tecnoloxías e sector químico. Ao tratarse de formación en liña, os cursos adáptanse a todos os horarios, co único requisito de que se rematen dentro da data final establecida.

A relación dos cursos ofertados pode consultarse na páxina web do Concello de Sarria. As persoas interesadas en participar nos mesmos poden solicitar máis información e inscribirse contactando co axente de emprego local no teléfono 982.535.000.

Esta formación chega a Sarria grazas ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e a Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae).

0.17588305473328