O 19 e 20 de xullo celebraranse as grandes festas en Santamariña de Lóuzara, en Samos
SarriaXa
Así, os días 19 e 20 de xullo desenvolveranse diversas actividades para celebrar as festas
12 Jul 2024
O Concello de Samos vén de anunciar que a seguinte fin de semana desenvolveranse as grandes festas en Santamariña de Lóuzara na honra á Virxe de Santa Mariña.
Así, os días 19 e 20 de xullo desenvolveranse diversas actividades para celebrar as festas, comezando por unha churrascada popular a partir das 22.00 horas o propio venres 19 e amenizada polo DJ Cómic.
Pola súa banda, o sábado 20 haberá unha misa solemne ás 13.00 horas seguida dunha sesión vermú amenizada polo Dúo Tropical, que volverá actuar a partir das 20.00 horas e, de novo, despois da cea, ás 23.00 horas haberá verbena co Dúo Tropical e o DJ Cómic.