O 3x3 Urban Basket Vila de Sarria celebrarase os días 12 e 13 de xuño na Praza da Vila

SarriaXa
O torneo contará con distintas categorías, premios en metálico e actividades complementarias, como música e partidos nocturnos
3x3-Noite-Meiga-CB-Sarria
18 Apr 2026

O torneo 3x3 Urban Basket Vila de Sarria, organizado polo Club de Baloncesto Sarria co apoio do Concello de Sarria e da área de Deportes da Deputación de Lugo, xa ten datas confirmadas e disputarase os días 12 e 13 de xuño na Praza da Vila.

A competición contará con categorías para todas as idades, incluíndo as modalidades KDT-INF e MINI mixto, nas que o equipo gañador recibirá un premio de 120 euros. Ademais, celebrarase un concurso de triples que repartirá 100 euros ao primeiro clasificado.

No caso da categoría sénior, dirixida a participantes maiores de 16 anos, os premios serán de maior contía, cun primeiro posto dotado con 1200 euros e un lote de produtos gastronómicos, mentres que o segundo clasificado obterá 500 euros e o terceiro, 250 euros.

O evento contará tamén con catro pistas oficiais de 3x3, árbitros federados e diferentes elementos para dinamizar a competición, como a presenza dun DJ e un speaker, así como a organización de partidos nocturnos, configurando unha proposta deportiva e de lecer para a fin de semana.

0.11547780036926